Biblioteca Social DEPÓSITO 67

Ademais da biblio virtual que podedes empregar neste blogue, de cara a ter un punto “físico” de difusión de materiais, información e autoformación contra o capitalismo e todo tipo de opresións que sofremos, ocorreusenos facer unha biblioteca aberta á xente dos movementos sociais vigueses onde compartir libros, fanzines, revistas e demais materiais.

Ímola aloxar nun baixo que denominamos DEPÓSITO 67 (na rúa Gregorio Espino, 67) e que empregamos para diferentes funcións.

Partimos cun pequeno fondo de materiais que tiña o GAS, así como xente próxima que os cedeu ou prestou, a biblioteca está aberta sempre a novas doazóns de materiais.

Hai materiais que por diferentes razóns non se poden prestar pero poden consultarse no local, como o arquivo do movemento antimilitarista vigués, basicamente do MOCG.

O fondo de libros é diferente ao que temos na biblioteca virtual, pódese consultar o que hai neste enlace que iremos acutalizando conforme imos metendo máis libros: OS LIBROS

O noso interese é ter sobre todo materiais que vaian desde o que se denomina libertario, de esquerdas, ecoloxistas, antidesarrollistas, antimilitaristas, queer, sobre xénero, etc. Aínda que temos tamén algo de literatua, historia etc.

Cómo imos funcionar:
A idea é que calqueira persoa contraria a este sistema poida facerse socia da biblioteca.

Avisando no mail pode visitarse calquera día da semana, pero ademais teremos os mércores de 18h a 20h o local aberto para facer as labores de xestión da biblio.

Os materiais préstanse durante un més, despois hai que devolvelos intactos, e se fai falla renóvase o préstamo outro més.

Quen queira participar pode contactar neste correo electrónico gasdevigo(a)gmail.com .

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coñece a nosa biblioteca fisica!

Coñece a nosa biblioteca fisica!
en Gregorio Espino, 67 Vigo

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Que queres atopar?

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .